Monday 29 de April de 2024

O Teatro Rosalía retoma a venda de entradas soltas para o Ciclo Principal


A partir de mañá, estarán dispoñibles as localidades para “Andanza y Entremeses”, de Juan Rana, despois de adecuar a capacidade das instalacións ás normativas e aos protocolos contra a Covid-19

Despois da paralización do inicio da venda de entradas soltas para o Ciclo Principal Outono 2020, o Teatro Rosalía Castro reactivará mañá a comercialización de localidades tras adecuar a capacidade das instalacións ás normativas e protocolos de loita contra a Covid-19. Estarán dispoñibles os pases para o espectáculo “Andanzas y Entremeses”, de Juan Rana e a cargo da compañía RonLalá. Ao longo da próxima semana irase restablecendo a compra-venda para o resto das montaxes co fin de ofrecer un servizo e un teatro seguros.